O Sábado 16 de Febreiro estabamos preparados para participar na First Lego League. Aínda que nerviosos, tiñamos moitas ganas de vivir esta experiencia, levábamos moi tempo esperando este día. Chegamos moi cedo ao Auditorio de Ferrol, vestimos os nosos traxes caseiros de astronautas e preparámonos para defender ao noso equipo. A primeira ronda do robot saiu regular, pero vimos que podiamos mellorar. Explicando o deseño e programación do robot os nervios foron un pouco traicioneiros e tivemos problemas de explicación. Despois todo mellorou, explicamos o proxecto científico e o de valores, que nos saiu xenial, foi divertido e moi gratificante. A segunda proba do robot foi para olvidar, o robot bloqueouse e pensamos que non íamos facer puntos, pero os compañeiros animaron moito e puidemos superalo. A última ronda foi moito mellor, acabamos de novenos na clasificación xeral.
Entre medias fixemos unha
entrevista para a tele, que foi moi divertido, xa somos un pouco famosos!
Ao final, chegou a entrega de medallas, todos levamos unha, pero os nervios por conseguir algún premio estaban ahí...non tiñamos moitas esperanzas pois había moitos equipos e todos coas mesmas oportunidades. Pero tivemos sorte, logramos o 2º Premio aos Valores First Lego League. Aínda que non pasamos á final, estamos encantados de que se premiase o noso traballo en equipo. Parabéns a todos os participantes e esperamos repetir o ano que ven!