O Martes 2 de Abril tivemos a sorte de contar no club de ciencias con Paulino Gasalla da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), que veu a darnos unha charla de astronomía no marco do proxecto Sistema Solar Ferrolterra no que estamos a colaborar con outros centros de Ferrol e que xa contamos noutras entradas. Nesta ocasión, Paulino levounos de viaxe polo Sol e os planetas do Sistema Solar, incluído Plutón, que aínda que é considerado un planeta anano forma parte do noso proxecto. Como non, parámonos un pouco máis a coñecer Venus, o planeta ao que representamos dende o noso centro. As rapazas e rapaces amosaron moito interese, fixeron preguntas e charlaron activamente co noso relator. Gustoulles tanto que estamos a pensar en ter unha nova charla antes do remate do curso.
Blog do Club de Ciencias do IES Sofía Casanova - Neste blog "Sofía conCiencia" poderás seguir as noticias relativas ao noso club. Experimentos, concursos, xogos con robótica, scape rooms e moito máis.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Temos un pouco abandonada a información sobre o proxecto Sistema Solar, pero estamos a facer un montón de cousas. A semana previa a Nadal es...
-
" No grupo da impresora 3D están deseñando placas de informáticas famosas, ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario