martes, 9 de abril de 2019

Charla de Astronomía

O Martes 2 de Abril tivemos a sorte de contar no club de ciencias con Paulino Gasalla da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), que veu a darnos unha charla de astronomía no marco do proxecto Sistema Solar Ferrolterra no que estamos a colaborar con outros centros de Ferrol e que xa contamos noutras entradas. Nesta ocasión, Paulino levounos de viaxe polo Sol e os planetas do Sistema Solar, incluído Plutón, que aínda que é considerado un planeta anano forma parte do noso proxecto. Como non, parámonos un pouco máis a coñecer Venus, o planeta ao que representamos dende o noso centro. As rapazas e rapaces amosaron moito interese, fixeron preguntas e charlaron activamente co noso relator. Gustoulles tanto que estamos a pensar en ter unha nova charla antes do remate do curso.