xoves, 21 de febreiro de 2019

FLL Galicia

O Sábado 16 de Febreiro estabamos preparados para participar na First Lego League. Aínda que nerviosos, tiñamos moitas ganas de vivir esta experiencia, levábamos moi tempo esperando este día. Chegamos moi cedo ao Auditorio de Ferrol, vestimos os nosos traxes caseiros de astronautas e preparámonos para defender ao noso equipo. A primeira ronda do robot saiu regular, pero vimos que podiamos mellorar. Explicando o deseño e programación do robot os nervios foron un pouco traicioneiros e tivemos problemas de explicación. Despois todo mellorou, explicamos o proxecto científico e o de valores, que nos saiu xenial, foi divertido e moi gratificante. A segunda proba do robot foi para olvidar, o robot bloqueouse e pensamos que non íamos facer puntos, pero os compañeiros animaron moito e puidemos superalo. A última ronda foi moito mellor, acabamos de novenos na clasificación xeral.
Entre medias fixemos unha entrevista para a tele, que foi moi divertido, xa somos un pouco famosos!
Ao final, chegou a entrega de medallas, todos levamos unha, pero os nervios por conseguir algún premio estaban ahí...non tiñamos moitas esperanzas pois había moitos equipos e todos coas mesmas oportunidades. Pero tivemos sorte, logramos o 2º Premio aos Valores First Lego League. Aínda que non pasamos á final, estamos encantados de que se premiase o noso traballo en equipo. Parabéns a todos os participantes e esperamos repetir o ano que ven!









martes, 19 de febreiro de 2019

Proxecto Sistema Solar

Temos un pouco abandonada a información sobre o proxecto Sistema Solar, pero estamos a facer un montón de cousas. A semana previa a Nadal estivo chea de actividade, pois chegou un montón de correo procedente dos demais planetas e do Sol. Nós tamén enviamos unha postal navideña, e aínda que pode parecer moi sinxela, todo o contido foi moi ben pensado para que coincidise o máximo posible coa realidade Venusiana, tivemos que analizar e estudar a composición atmosférica e terrestre, a duración dos días e dos anos, estivemos investigando sobre materiais que aguantasen unha temperatura tan alta e fantaseamos sobre o nacemento dos venusianos e as súas vidas...foi moi divertido!
Podes ver o texto que elaboramos para a postal aquí: Felicitación Nadal Sistema Solar


xoves, 14 de febreiro de 2019

Participación na First Lego League

Xa queda menos para o día da FLL. Temos moitos  nervios por participar na Lego, pero esperamos que todo saia ben. Onte rematamos o noso compostero e estamos preparados para explicarllo ao xurado. O noso robot bota fume preparando os desafíos. Estamos facendo un montón de ensaios, aínda que ás veces non nos sae moi ben, pero divertímonos moito. Temos problemas para estar todos xuntos nos ensaios, pero sempre hai algún compañeiro que fai de sustituto. O Sábado 16, de  9 a 14 h estaremos no Auditorio de Ferrol, esperamos que veñan moitos amigos e familia a animarnos. PAZ Y AMOR!!!