O Martes 2 de Abril tivemos a sorte de contar no club de ciencias con Paulino Gasalla da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), que veu a darnos unha charla de astronomía no marco do proxecto Sistema Solar Ferrolterra no que estamos a colaborar con outros centros de Ferrol e que xa contamos noutras entradas. Nesta ocasión, Paulino levounos de viaxe polo Sol e os planetas do Sistema Solar, incluído Plutón, que aínda que é considerado un planeta anano forma parte do noso proxecto. Como non, parámonos un pouco máis a coñecer Venus, o planeta ao que representamos dende o noso centro. As rapazas e rapaces amosaron moito interese, fixeron preguntas e charlaron activamente co noso relator. Gustoulles tanto que estamos a pensar en ter unha nova charla antes do remate do curso.
Blog do Club de Ciencias do IES Sofía Casanova - Neste blog "Sofía conCiencia" poderás seguir as noticias relativas ao noso club. Experimentos, concursos, xogos con robótica, scape rooms e moito máis.
martes, 9 de abril de 2019
xoves, 21 de febreiro de 2019
FLL Galicia
O Sábado 16 de Febreiro estabamos preparados para participar na First Lego League. Aínda que nerviosos, tiñamos moitas ganas de vivir esta experiencia, levábamos moi tempo esperando este día. Chegamos moi cedo ao Auditorio de Ferrol, vestimos os nosos traxes caseiros de astronautas e preparámonos para defender ao noso equipo. A primeira ronda do robot saiu regular, pero vimos que podiamos mellorar. Explicando o deseño e programación do robot os nervios foron un pouco traicioneiros e tivemos problemas de explicación. Despois todo mellorou, explicamos o proxecto científico e o de valores, que nos saiu xenial, foi divertido e moi gratificante. A segunda proba do robot foi para olvidar, o robot bloqueouse e pensamos que non íamos facer puntos, pero os compañeiros animaron moito e puidemos superalo. A última ronda foi moito mellor, acabamos de novenos na clasificación xeral.
Entre medias fixemos unha entrevista para a tele, que foi moi divertido, xa somos un pouco famosos!
Ao final, chegou a entrega de medallas, todos levamos unha, pero os nervios por conseguir algún premio estaban ahí...non tiñamos moitas esperanzas pois había moitos equipos e todos coas mesmas oportunidades. Pero tivemos sorte, logramos o 2º Premio aos Valores First Lego League. Aínda que non pasamos á final, estamos encantados de que se premiase o noso traballo en equipo. Parabéns a todos os participantes e esperamos repetir o ano que ven!
Entre medias fixemos unha entrevista para a tele, que foi moi divertido, xa somos un pouco famosos!
Ao final, chegou a entrega de medallas, todos levamos unha, pero os nervios por conseguir algún premio estaban ahí...non tiñamos moitas esperanzas pois había moitos equipos e todos coas mesmas oportunidades. Pero tivemos sorte, logramos o 2º Premio aos Valores First Lego League. Aínda que non pasamos á final, estamos encantados de que se premiase o noso traballo en equipo. Parabéns a todos os participantes e esperamos repetir o ano que ven!
martes, 19 de febreiro de 2019
Proxecto Sistema Solar
Temos un pouco abandonada a información sobre o proxecto Sistema Solar, pero estamos a facer un montón de cousas. A semana previa a Nadal estivo chea de actividade, pois chegou un montón de correo procedente dos demais planetas e do Sol. Nós tamén enviamos unha postal navideña, e aínda que pode parecer moi sinxela, todo o contido foi moi ben pensado para que coincidise o máximo posible coa realidade Venusiana, tivemos que analizar e estudar a composición atmosférica e terrestre, a duración dos días e dos anos, estivemos investigando sobre materiais que aguantasen unha temperatura tan alta e fantaseamos sobre o nacemento dos venusianos e as súas vidas...foi moi divertido!
Podes ver o texto que elaboramos para a postal aquí: Felicitación Nadal Sistema Solar
Podes ver o texto que elaboramos para a postal aquí: Felicitación Nadal Sistema Solar
xoves, 14 de febreiro de 2019
Participación na First Lego League
Xa queda menos para o día da FLL. Temos moitos nervios por participar na Lego, pero esperamos que todo saia ben. Onte rematamos o noso compostero e estamos preparados para explicarllo ao xurado. O noso robot bota fume preparando os desafíos. Estamos facendo un montón de ensaios, aínda que ás veces non nos sae moi ben, pero divertímonos moito. Temos problemas para estar todos xuntos nos ensaios, pero sempre hai algún compañeiro que fai de sustituto. O Sábado 16, de 9 a 14 h estaremos no Auditorio de Ferrol, esperamos que veñan moitos amigos e familia a animarnos. PAZ Y AMOR!!!
martes, 6 de novembro de 2018
GRUPO DE IMPRESORA 3D
"No grupo da impresora 3D están deseñando placas de informáticas famosas, para imprimilas e poñelas nas portas das aulas"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Para rematar o curso, as nosas profes déronnos unha despedida deseñando un escape room para o club de ciencia. Foi unha sorpresa, ...
-
Onte tivemos a nosa primeira reunión do Club de ciencias do IES Sofía Casanova deste curso 2019/2020. Foi coma sempre, moi emocionante ver ...
-
O Martes 2 de Abril tivemos a sorte de contar no club de ciencias con Paulino Gasalla da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), que v...



