O día 4 de Maio (seino, imos tarde) asistimos ao Día da Ciencia na Rúa en Coruña. O día estivo magnífico e puidemos amosar aos que se acercaron ata o parque de Santa Margarida, os nosos proxectos e ideas.
Estivo repleto todo o día de xente e os rapaces e as rapazas do Club de Ciencia non pararon de traballar.
Compartimos a jaima co IES Rego da Trabe, fixemos a nosa xa famosa piscina de fluido non newtoniano onde os nenos e as nenas pasárono xenial.
Proxecto Sistema Solar Ferrolterra
Amosamos á xente o noso planeta, Venus. explicamos as súas características e a xente puido sentir a súa presión atmosférica, que reproducimos aspirando o aire dunha bolsa. Ao comezo había reticencias, pero despois todo o mundo quería aspirarse...
Robótica
Os nosos robots tiveron un éxito tremendo, pequenos e maiores participaban nos retos que lles propuxemos. Todos aqueles que superaban os retos recibían un cuño que lles permitía conseguir Hawkings, os cartos do día da Ciencia e que despois cambiaban por regalos na organización.
Diagramas de Voronoi
Queriamos acercar as matemáticas á xente e conseguímolo, aínda que era complicado de explicar, todo o mundo o entendeu moi ben e quedaron sorprendidos de que a matemática sirva neste tipo de
prediccións.
Se queres ver máis información, mira a nosa entrada no blog
Diagramas de Voronoi.
Ilusións ópticas
A mente engáñanos ás veces, e puidemos amosalo á xente. Tanto impresas en papel coma en 3D levamos unha mostra de como ás veces non vemos a realidade, podes ver as nosas ilusións ópticas na nosa
entrada do blog.