Na páxina stuff in space podemos atopar datos de todos estes satélites: tanto do ano en que se lanzaron, a distancia á que se atopan, velocidade coma período de rotación. Se ves as imaxes non as poderás esquecer, asegurámoscho!
Neste vídeo podemos visualizar o lixo espacial que nos rodea, para concienciar deste problema o artista holandés Daan Roosegaarde creou un laboratorio de lixo espacial.
SPACE WASTE LAB PERFORMANCE by Daan Roosegaarde - El espectáculo de la BASURA ESPACIAL from Studio Roosegaarde on Vimeo.
Dende o club de ciencia este ano pensabamos a posibilidade de facer unha análise da contaminación lumínica na nosa cidade, aínda que ao final non nos decidimos a facelo.
Cando comezamos con esa idea investigamos un pouco, e atopamos a agrupación ío, unha agrupación coruñesa de aficionados á astronomía, que na súa páxina xa falaban da contaminación lumínica dos satélites.
Quizais o ano próximo traballemos nesta liña, pois queremos que a nosa sexa unha cidade que respete o ceo nocturno, e todo o que aprendemos de astronomía este ano fixo que o noso interese en mirar cara arriba pola noite aumentase.
Non queremos que se perda a posibilidade de ver as estrelas, os planetas e os satélites naturais a simple vista. Respetemos o ceo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario